Participa no programa

POR QUE UNIRTE A ESTA CONVOCATORIA?

  • Solucións a Medida: as entidades socias do Clúster TIC que actúan como TECH ANGELS involúcranse directamente na creación e adaptación de solucións tecnolóxicas que se alinean coas necesidades específicas do teu proxecto emprendedor ou startup.
  • Compromiso Mutuo: no é só negocio, é unha asociación. Os TECH ANGELS involúcranse na túa visión de negocio para asegurarse que a tecnoloxía implementada aporte o máximo valor.
  • Mentoría e networking: ao formar parte desta iniciativa, o teu proxecto emprendedor ou startup ampliará o seu Networking a través da rede de contactos dos TECH ANGELS, e beneficiarase da experiencia e coñecemento de líderes do mundo tecnolóxico que ofrecerán asesoramento e guía en cada paso do proceso.
  • Evolución Continua: a medida que o teu proxecto ou startup medre e evolucione, as solucións tecnolóxicas proporcionadas adaptaranse, garantindo que sempre esteas á vangarda

QUE REQUISITOS TES QUE CUMRLIR PARA PARTICIPAR?

  • Ter unha startup en funcionamento ou unha idea emprendedora claramente definida e estruturada.
  • Estar disposto a integrar solucións tecnolóxicas que contribúan a resolver un problema, satisfacer unha necesidade ou adquirir unha vantaxe competitiva no mercado.
  • Comprometerse a colaborar a longo prazo co TECH ANGEL.
  • Ter un compromiso firme e unha visión clara de crecemento para a túa startup.
Modify cookies