Novas

10-05-2018
Novas do Cluster
O Clúster TIC Galicia celebra unha misión comercial inversa para potenciar a internacionalización das empresas tecnolóxicas galegas

O Clúster TIC Galicia organiza unha nova Misión Comercial Inversa, entre os días 22 e 24 de maio, coa visita a Galicia dunha decena de potenciais importadoras TIC de Alemaña, Arxentina, Brasil, Canadá, El Salvador, Inglaterra e México. Co obxectivo de fomentar a exportación do sector TIC galego e mellorar as súas relacións internacionais celebrarase uhna xornada aberta aos socios, o martes, 22 de maio, a partir das 9:30 h., no hotel NH Collection, en Santiago de Compostela.

ler máis
 
ver todas

O Clúster

O Clúster TIC Galicia suma as forzas de empresas, asociacións empresariais, colexios profesionais e outros axentes do macrosector das TIC de Galicia.
Traballamos para poñer en valor as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións impulsando a colaboración entre as empresas, aproveitando a capacidade tractora das máis grandes e a axilidade e a capacidade para a innovación das de menor tamaño.
Plenamente comprometido coa sociedade galega, o Clúster xera sinerxias para favorecer o cambio de modelo produtivo de cara a unha economía baseada na innovación e na produtividade, capaz de crear riqueza e emprego de calidade.

máis información

Asociados

O Clúster reúne empresas grandes, pequenas e medianas, colexios profesionais e asociacións empresariais do eido das TIC.

máis información

Grupos de traballo

Iniciativas e desenvolvemento de proxectos para dar resposta ás necesidades da entidade e dos seus membros.

máis información

Actividades

Plans de formación e cursos dirixidos aos profesionais das TIC ofertados polo Clúster e as súas entidades asociadas.

máis información

Comunicación

Acceso ao histórico de comunicados, notas de prensa e documentación de carácter gráfico e audiovisual xerada polo Clúster.

máis información

Entidades cofinanciadoras

Patrocinadores